viernes, 11 de octubre de 2013

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL 2013 EN LAR



LAR PRO SAÚDE MENTAL
pide que non se recorte a atención ás persoas con enfermidade mental por culpa da crise


           
           Recortar os servizos provoca non só un grave problema para milleiros de persoas senón tamén un aumento no gasto farmacéutico e ingresos hospitalarios
            A situación económica está provocando un gran número de situacións de estrés que favorecen a aparición de trastornos como a ansiedade e a depresión


10 de outubro de 2013

             LAR PRO SAUDE MENTAL conmemora un ano máis o Día Mundial da Saúde Mental, con unha Xornada de Portas Abertas á que invita a participar a todos aqueles que queiran acercarse a visitar as súas instalación e a coñecer de cerca o seu traballo.

Este ano o lema é  “Alternativas fronte á crise. O  valor dos nosos dereitos”. Con esta frase, dende LAR queremos expresar que non estamos dispostos a renunciar ao dereito a recibir unha asistencia adecuada, tanto social como sanitaria, pese á difícil situación económica actual.

            Para LAR, existen alternativas para manter esta atención de calidade a través da detección precoz, a continuidade nos tratamentos e o apoio á autonomía, que como inversión, reducen a medio prazo costes para as Administracións Públicas. Noutras palabras, LAR advirte que recortar en programas de acompañamento e integración, provoca non só un grave problema para milleiros de persoas senón tamén un aumento no gasto farmacéutico e os ingresos hospitalarios. Cómpre ter en conta que en Galicia hai máis de 41.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental.

            Ante esta situación económica, é fundamental manter os apoios a todas as persoas con discapacidade e as súas familias, en particular aquelas cun trastorno mental. É necesario recordar que os recursos de atención en saúde mental xa eran claramente insuficientes antes da crise. LAR amosa o seu rexeitamento a limitar as prestacións previstas na Lei de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia (coñecida como Lei da Dependencia), así como aumentar o prezo de calquera servizo ou tratamento que requiran as persoas con trastorno mental.

            Ademais, a grave crise económica está provocando un gran número de situacións estresantes como desafiuzamentos, desemprego prolongado, ou exclusión social, que prexudican a saúde mental xeral da poboación e favorecen a aparición de trastornos como a ansiedade e a depresión. De feito, os profesionais da saúde mental advirten de que aumentaron as consultas en Atención Primaria relacionadas con estas doenzas.

            Como cidadáns de pleno dereito, as persoas con trastorno mental non poden ser discriminadas en ningún ámbito da súa vida, o emprego, a participación, o ocio ou o acceso a calquera tipo de servizo. O valor dos nosos dereitos é incalculable, porque eses dereitos son os que permiten a miles de persoas recuperarse tras a aparición dun trastorno mental e retomar unha vida activa e satisfactoria.

Unha de cada catro persoas padece algunha enfermidade mental ao largo da súa vida. O principal problema en saúde mental é o gran número de persoas que non contan cun tratamento axeitado: en moitas ocasións non se mantén unha perspectiva integral do tratamento, nin se asegura que sexa continuado. Segundo unha enquisa da OMS, entre un 35 e un 50% das persoas con enfermidade mental dos países desenvolvidos non recibe ningún tipo de tratamento.

En épocas de crise económica corremos o risco de situar a saúde mental en segundo plano dentro das nosas prioridades. Con todo, dende LAR consideramos necesario prestar atención aos diferentes problemas de saúde mental, xa que entre o 2'5 e o 3% da poboación adulta ten unha enfermidade mental crónica e unha de cada catro persoas terá algún tipo de enfermidade mental (crónica ou leve) ao longo da súa vida.

            Así pois, LAR reclama que a ningún cidadán se lle negue o dereito a recibir atención médica ou que esta se limite só ás urxencias. Esto só provocaría o deterioro do trastorno destas persoas e, en moitos casos, unha condea á exclusión. Deste modo, reiteramos o noso obxectivo de facer cumprir da Convención ONU dos Dereitos das Persoas con Discapacidade ratificada por España.

Por outra banda, segundo un informe elaborado pola Universidade Complutense de Madrid, só o 4,6% das persoas con trastorno mental ten un emprego regular. Un 44% das persoas con trastorno mental asegura ter sufrido algún tipo de discriminación laboral.

LAR PRO SAUDE MENTAL

O obxectivo xeral é axudar ás persoas diagnosticadas de unha enfermidade mental grave e crónica con discapacidades psicosociais, a recuperar ou desenrrolar as habilidades e recursos persoais necesarios para funcionar con maior éxito na comunidade na que residan, con máis autonomía e mair calidade de vida.  

A función principal de LAR é ofrecer programas individualizados de rehabilitación psicosocial e laboral e apoio comunitario, así como promover a integración na comunidade da población atendida e ofrecer o apoio e soporte social necesarios para manter o nivel de autonomía e desenvolverse no mundo laboral.

Os dispositivos cos que conta actualmente Lar Pro Salud Mental son: Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (55 plazas), Centro Ocupacional (30 usuarios) Residencia (24 plazas), dous Pisos Protexidos (10 plazas) e Centro terapéutico “Chavea” (15 plazas).



 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2013/10/11/incremento-enfermedades-mentales-desborda-capacidad-lar/0003_201310A11C4991.htm

viernes, 4 de octubre de 2013

LAR NO MUSEO CASA DO PATRÓN (LALÍN)




VENDO OS OFICIOS E FERRAMENTAS  DA ÉPOCA





 



E TAMÉN ELABORANDO UN QUEIXO