jueves, 11 de agosto de 2011

I Master en Intervención e emancipación de mozos/as en conflito social

A Universidade de Santiago de Compostela, Fundación Trébol de Iniciativa Social e Igaxes3 coorganizan este Máster, que se imparte por primeira vez o vindeiro curso 2011-2012 e inclúe tres meses de prácticas en recursos residenciais e centros de ensino. Ao remate do programa ofreceranse oito contratos laborais para traballar en proxectos de apoio á autonomía desenvolvidos por Igaxes3 e Fundación Trébol.
O I Máster en Intervención e Emancipación de Mozos/as en Conflito Social está orientado a preparar para o acompañamento e o fomento da autonomía de mozos tutelados, ex tutelados, en garda, con medidas xudiciais e con problemas de absentismo escolar. O alumnado tamén aprenderá a xestionar recursos residenciais de apoio á independencia e adquirirá un amplo coñecemento do sistema galego de protección e reforma de menores.
Para máis información cosultar o seguinte enlace: Igaxes

No hay comentarios:

Publicar un comentario